Terra

Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo

Tapa blanda, 296 páginas

Publicado el 9 de marzo de 2017 por Edicións Xerais, Xerais.

ISBN:
978-84-9121-180-8
¡ISBN copiado!

Ver en OpenLibrary

(1 reseña)

1 edición

Review of 'Terra' on 'Goodreads'

Algo teñen os libros de viaxes que provocan en min unha mestura de fascinación e envexa a partes iguais. En certo xeito son un bo substitutivo para polo menos facer na nosa imaxinación percorridos imposíbeis de acadar na vida real xa sexa por falta de cartos ou por non ter afouteza dabondo.

Terra parte dun estilo moi semellante ao do meu admirado [a:Bill Bryson|7|Bill Bryson|https://images.gr-assets.com/authors/1189096502p2/7.jpg] e, ao vir de quen vén, engade unha boa dose de divulgación científica.

Se tivese que salientar unha cousa má do libro sería a edición. É unha mágoa que sexa en branco e negro porque impide desfrutar axeitadamente das fotografías que ilustran o texto. É certo que as fotos pódense ver en liña no blog do autor, pero tería sido mellor engadilas directamente no libro. Máis cómodo, máis vistoso, mellor. Entendo que entón sería máis caro, pero pagaría a pena.