O mono do asasino

rústica con lapelas, cosida, 624 páginas

Idioma galego

Publicado el junio de 2023 por Sushi Books.

ISBN:
978-84-16884-68-1
¡ISBN copiado!

É de noite no porto de Lisboa. Baixo o brillo das farolas, un home corre para salvar a súa vida. Chámase Afonso Morro e garda un segredo que persoas poderosas queren protexer a calquera prezo.

O perseguidor achégase e alcánzao. A loita acaba nuns intres. Morro cae desde o peirao e desaparece nas escuras correntes do río Texo.

Esa noite, axiña corre a noticia de que se cometeu un asasinato. Pero tamén se difunde outro rumor máis espantoso; en algures entre as ruelas e os recunchos do barrio portuario agóchase un simio loco e sanguinario. É o mono do asasino.

1 edición

Outro máis de «sóa non podes, con amigues si». E iso está ben.

Deixeimos a un lado, se fose posible, o estilo e o tipo de persoa a quen se dirixe a novela.

Sally Jones narra en primeira persoa a peripecia vital e o sarillo político no que involuntariamente se viu envolta xunto ao seu compañeiro H.Koskela. Sóa, é quen de ir atopando as persoas que lle dan unha man no plano persoal e tamén na súa búsqueda da verdade para axudar ao seu amigo. O periplo é longo e cheo de momentos perigosos. Nel, Sally Jones, cóntanos a angustia que a aflixe, a esperanza e a forza de vontade para superar as dificultades.

Non diría que é unha novela de Aventuras, aínda sendo o seu relato unha en si mesma, se non que de xeito máis ou menos transparente a novela transmite o diálogo interior de Sally Jones mostrando os seus medos, sentíndose vulnerable, pero ao mesmo …

Temas

  • Amizade, Animais, Aventuras, Intriga, Viaxes