Mil otoños

640 páginas

Publicado el 2011 por Duomo, Duomo ediciones.

ISBN:
978-84-92723-77-5
¡ISBN copiado!

Ver en OpenLibrary

(1 reseña)

1 edición

Ah! moi entretido e documentado

Canto aprendes con estas novelas de ficción histórica, onde colocan os personaxes nun entorno real do pasado.

É perigoso dar por válidas as posturas políticas que adoptan os personaxes, ou dar por acontecidos os xiros argumentais, pero si serve para comprender a época na que se desenvolve.

Non hai que levarse a engano tampouco, incluso a wikipedia é máis realista :D (con respeto). Vaia isto como aviso, que despois lemos as metáforas das Sagradas Escrituras (cales queiras) e montamos un cristo por tomalas ao pé da letra. Ou poñemos morros porque Fulanite traizoou a Menganite nunha teleserie e iso-non-pode-ser-porque-me-caía-ben-menganite.

A novela está escrita ao xeito de David Mitchell, ao xeito de xuntar relatos cadeados de xeito máis ou menos liviano (nesta novela máis ligados que noutras) e que narran desde o punto de vista de diferentes protagonistas facendo avanzar o relato.

O tempo e distancias a cabalo dos …