Jorganes reseñó Finximentos de Mariña Pérez Rei
Nótase que Mariña Pérez Rei é poeta
5 estrellas
No libro móvese unha parella, home e muller pola costa galega. Dende Ribeira, pasando por Muros, recollen toda a Costa da Morte. O libro consta de moitos capítulos curtos, escenas, di a súa autora. Pero están escritos coa palabra precisa, derramando emocións, tanto que parecen poemas escritos en prosa. Porén a súa lectura é áxil, e a medida que avanza queres seguir coñecendo ás personaxes e os lugares que visitan.