ghose 📚⁂ reseñó Indolente de Alberto Mancebo (Narrativa, #1378408)
Sorpresa agradable 👍👍
4 estrellas
A sinopse xa a liches, só engado que está escrito moi decentemente, sen artificios innecesarios, centrándose en manter a tensión e ansiedade que sinte a protagonista. Ten unha misión vital moi concreta e obstáculos a superar, entre eles algún trauma do pasado que aínda non puido superar.
Collen dentro temas como a saúde mental, a ecoansiedade, excepticismo magufo, homofobia, galeguidade...
Pode que ⭐⭐⭐⭐ sexa excesivo, pero se cadra é polas expectativas baixas que tiña. Non polo autor, que non lera nada, se non pola mala xeira que levo en canto a escoller lecturas.
Bo de ler e entretido.