Indolente

, #1378408

Libro electrónico, 152 páginas

Idioma galego

Publicado el 5 de septiembre de 2024 por Xerais.

ISBN:
978-84-1110-575-0
¡ISBN copiado!
4 estrellas (1 reseña)

Estamos no ano 2041 e o Ministerio da Presidencia acaba de emitir un comunicado para alertar a cidadanía dunha gran tormenta xeomagnética causada por unha erupción solar que afectará o planeta nas próximas horas. Este contundente fenómeno atmosférico xa sucedera sete anos antes, con intensas auroras boreais atravesando o ceo de todo o mundo e con fallos xeneralizados nos sistemas de comunicación e de subministración eléctrica. Nora lembra agora aquela situación límite, mentres intenta cargar o seu coche nunha electrolineira de Negreira para chegar a Santiago canda a súa muller e as súas fillas cos equipos de urxencia que lles poden salvar a vida. Mais a viaxe non será doada. Alberto Mancebo crea unha poderosa e inquietante narración cunha atmosfera hipnótica e abafante para enfrontarnos a unha historia de ameazas climáticas que sitúan os personaxes nun escenario agónico e ante a necesidade de se decidiren entre a solidariedade ou a …

2 ediciones

reseñó Indolente de Alberto Mancebo (Narrativa, #1378408)

Sorpresa agradable 👍👍

4 estrellas

A sinopse xa a liches, só engado que está escrito moi decentemente, sen artificios innecesarios, centrándose en manter a tensión e ansiedade que sinte a protagonista. Ten unha misión vital moi concreta e obstáculos a superar, entre eles algún trauma do pasado que aínda non puido superar.

Collen dentro temas como a saúde mental, a ecoansiedade, excepticismo magufo, homofobia, galeguidade...

Pode que ⭐⭐⭐⭐ sexa excesivo, pero se cadra é polas expectativas baixas que tiña. Non polo autor, que non lera nada, se non pola mala xeira que levo en canto a escoller lecturas.

Bo de ler e entretido.