Ninguén contará a verdade

23 x 15.5 cm, 632 páginas

Idioma Galego

Publicado el 4 de Octubre de 2023 por Xerais.

ISBN:
978-84-1110-432-6
¡ISBN copiado!
3 estrellas (1 reseña)

Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas. Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación... Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder. «Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de …

1 edición

Review of 'Ninguén contará a verdade' on 'Goodreads'

3 estrellas

Boa parte da novela, na miña interpretación, necesita do recurso á historia recente de Galicia para poder ser desfrutada de xeito pleno. Unha trama multipersonal na que pouco a pouco ascenden a historia e as persoas clave á superficie sen quedar nunca totalmente relegados os sen nome. Longa para dar vasoirazos a destra e sinistra, mais sen cambiar a dirección principal dunha historia que nace como de intriga e remata mantendo a atención, pero non xa como intriga. De calquera xeito, ben.