Volver
Raúl de Tapia "Alcanduerca": Arboreto sonoro (Paperback, Tundra Ediciones)

Vivo rodeado de arboretums, de viesques, de bosques. Todos tienen algo en común: todos ellos …

Axuda para miopes

prosa poética acompañada de ilustracións e composicións fotográficas que aluden aos textos.

Fáltame vocabulario para apreciar os textos como probablemente merecen, pero si logran transmitir(me) o respecto, admiración e humildade que o autor profesa ante a Natureza.

Ésta preséntase en calquera lugar, mesmo nas nosas cidades, onde facemos todo o posible para ocultala e destruír os seus ritmos. Para as que somos curtas de vista este libro pode ser unha guía que traia a Natureza omnipresente á distancia do brazo. Ou do móbil.

Con persoas, árbores, paxaros,… establece un vínculo que nos une a todas.

O libro non precisa ser lido dun xeito contínuo, podes, simplemente, deixar que un breve relato ou descrición te achegue ao sentir do autor.