Back
David Jiménez: El Director (Spanish language, 2019) 4 stars

Review of 'El director : secretos e intrigas de la prensa narrados por el exdirector de "El Mundo"' on 'Goodreads'

5 stars

O outro día o citou Pablo Iglesias en La Base. Resultaba un pouco extraño que citase un libro escrito por un ex-director do jornal El Mundo. Despois de lelo, non me estrañou porque David Jiménez --segundo o libro-- sempre tratou de comportarse como un informador e non como un mercenario da información nun xornal de dereitas.
Resulta curioso, para min apasionante, coñecer as reviravoltas dun xornal como El Mundo. Pero David Jiménez non só conta a súa propia visión desa aventura, senón que a contextualiza nun periodo político de grandes cambios en España. Dende o seu punto de vista --o do director dun xornal moi importante-- vai narrando a mecánica informativa, política e social das élites españolas.
Coido que debería ser de lectura obrigatoria nas facultades de xornalismo, mais tamén moi interesante para calquera persoa con desexos de coñecer como funciona o mundillo informativo en España.