rústica con lapelas, 188 páginas

Idioma galego

Publicado el septiembre de 2025 por Rinoceronte Editora.

Esta novela está ambientada na época dos desaloxos das Terras Altas escocesas entre 1792 e a década de 1850, cando os terratenentes expropiaron a terra aos pequenos agricultores para sacarlle un maior rendemento co pastoreo de ovellas e obrigaron a poboación a trasladarse á costa para dedicarse á pesca.

O proceso de desaloxo levouse a cabo con grande inhumanidade, e o nome que máis se relaciona con el é o de Patrick Sellar, administrador da duquesa de Sutherland. Con todo, esta non é unha novela histórica, senón un estudo ficticio dunha persoa, unha anciá que viviu toda a vida nos reducidos límites da súa comunidade.

1 edición

Do simple xorde toda unha vida

O relato está escrito desde o punto de vista da protagonista, unha señora xa maior á que o terratenente vai desafiuzar, xunto co resto da aldea, e a partir deste suceso van agromando todos os temas importantes na vida. Darlle un futuro ás crianzas, a convivencia e axuda mútua en situacions de dificultade, a morte que se achega e a reflexión sobre a nósa propia vida e as decisions que tomamos e as que nos vemos forzadas a tomar, a dignidade da defensa dos valores ante o poder e os seus abusos e inxustizas, as intrahistorias familiares tan difíciles de «xulgar» desde fóra.

Podería seguir coa lista, mais creo que é máis interesante todo o contexto esbozado de xeito sutil, como quen non quere a cousa, miradas, acenos, sobrentendidos e empatía, o reparto do traballo, as obrigas de carácter social, etc.

Todo é a descrición dunha época e …

Temas

  • ficción, ficción histórica, historia, escocia