A novela do Bravú

208 páginas

Idioma Galego

Publicado por Xerais.

ISBN:
978-84-1110-731-0
¡ISBN copiado!

Isto non é (só) un libro de música. Velaquí a experiencia colectiva dun fato de xente nova que, nos anos noventa, decidiu saír do rego do discurso dominante e -co poder da lingua galega- dialogar con vehemencia coa súa propia realidade. Proclama que transcendeu dende as marxes e deixou pegada en toda a súa xeración. A ruta continúa. Porque, como dixo Miguel Anxo Murado: «Na antítese da morriña está o bravú».

1 edición

Decepcionante mais pagou a pena

Pequena decepción máis aló dun título poco axeitado ao non ser novela senón memorias. Unhas memorias que poderían ter sido un podcast ben interesante dun par de horas pero que como libro son un conxunto repetitivo de anécdotas e cunha incomprensíbel obsesión por falar de Manu Chao cada dous parágrafos coma se a vaga de creatividade do bravú precisase da aprobación dunha figura de sona mundial. Porén, así a todo, e unha testumuña de primeira man dunha época importantísima da música en galego que o antigo Nacho de dezaseis anos que tiña daquela (xa choveu!) e que escoitou mil veces o Unión Bravú no walkman leu cun sorriso nos beizos nuns días especialmente duros.