O xogo de Escher

da biblioteca pública, 104 páginas

Idioma galego

Publicado por Edicións Xerais.

ISBN:
978-84-1110-539-2
¡ISBN copiado!
2 estrellas (1 reseña)

Conectados ao gran computador central da compañía Escher, milleiros de seres humanos experimentan múltiples vidas, indistinguibles da vida real. Pero no xogo de Escher algúns xogadores conseguen chegar máis alá das aparencias. «O xogo de Escher» é unha distopía de ciencia ficción. Ou, talvez, unha novela histórica. Ou unha reflexión sobre o problema de demarcación de límites na ciencia. Ou un ensaio filosófico sobre o sentido da vida. Ou un revirado exercicio de metaliteratura que pretende romper a cuarta parede e interpelar o lector. Ou, se cadra, «O xogo de Escher» non é nada de todo iso e só é un libro que fala sobre un libro titulado «O xogo de Escher». Se cadra, «O xogo de Escher» é só un xogo. Ou é a vida mesma. Se cadra, «O xogo de Escher» non é nada. Ou é todo.

2 ediciones

Faiche apreciar outros traballos

2 estrellas

A premisa do relato pode resultar interesante, pero a resolución deixoume frío. Sempre é difícil nun relato curto cando abres un universo e posibilidades e debes cadrar todo o proposto. Véxolle outros problemas, como o innecesrio detalle historicista, pero é cuestión de gustos.

O de apreciar outros traballos é porque non sempre somos xustas valorando os libros.

Temas

  • ciencia ficción, matemáticas