ghose 📚⁂ reseñó Senlleiras de Antia Yañez Rodriguez
"novela-denuncia" dunha causa xusta (respeto polas mulleres)
4 estrellas
Eu: aquí, pensando.
(...)
Non son quen de sintetizar en dous párrafos o que denuncia esta novela: a discriminación das mulleres en todos os eidos polo feito de selo. A novela por o foco na violencia física e psicolóxica que algúns (demasiados) maridos exercen sobre as súas(!) mulleres.
Not all men!! (escoito)
Pois claro que non. Falamos dos roles asignados polo sistema establecido. Noutras sociedades son (foron, serán) diferentes, e o relevante é que os sistemas e as relacións sociais poden cambiarse de xeito consciente. Non é designio divino(!), nin tampouco a Selección Natural (forza motora da evolución), que de todo se escoita.
Tamén hai mulleres malas!!! (escoito)
Pois claro. O tema é parecido (en termos de xeneralización) ao listos/tontos/ignorantes/palurdos/traballadores/you-name-it que son outros pobos. Os centroeuropeos son moi traballadores e moi produtivos!! (escoito). Aquí se vive mejor!!. My ass.
Xa estou a misturar auga con aceite. …

Xa estou a misturar auga con aceite. Mellor deixalo.
Nin machista nin feminista! (escoito)
É a vida social a xestión das relacións de poder?
A novela
A descrición da protagonista inicial (influencer) botábame un pouco para atrás, pero pronto se ve que é o xeito en que autora escolle un personaxe actual, para facernos ver que isto non é algo que pasaba antes, se non que é de agora.
Descríbese con crudeza e de xeito explícito (de forma necesaria) a violencia sobre a parella. Para iso recúrrese a dúas liñas temporais converxentes a través dun suceso paranormal e da historia familiar dos personaxes.
Aproveita a autora para reivindicar asimesmo, e pór en valor, a dignidade das mulleres que en tempos aínda máis difíciles loitaron por dereitos humanos fundamentais. Non esquece facer un aceno ao valor da cultura propia e ao proceso tamén violento que supón verse na obriga de abandonala (por medios violentos ao fin).
O libro está dispoñible na biblioteca pública.