Tapa blanda, 245 páginas
Idioma Galego
Publicado el noviembre de 1996 por Tris Tram.
Tapa blanda, 245 páginas
Idioma Galego
Publicado el noviembre de 1996 por Tris Tram.
Que as fantasmas existen, cando menos na literatura, é cousa ben sabida desde hai séculos. Os contos seleccionados neste libro proceden dalgúns dos grandes escritores do século XIX, como Walter Scott, Dickens, Poe ou Henry James, e dos máis sobranceiros especialistas no xénero do terror: Bram Stoker, Le Fanu ou Charlotte Riddell. Así ata unha ducia de relatos que son outras tantas visións -inquietantes, aterradoras ou humorísticas- sobre eses estraños seres que non dan morto de todo. A escritora americana Edith Wharton afirmaba que para distinguir unha boa historia de fantasmas dunha ruín abonda un termómetro. Se a historia consigue que unha corrente fría recorra o noso espiñazo, daquela estamos ante un bo conto de fantasmas. Polo tanto, abríguense antes de empezar a ler este libro.