Ao norte unha montaña, ao sur un lago, ao oeste uns camiños, ao leste un río

Tapa blanda, 152 páginas

Idioma Galician

Publicado el 2 de octubre de 2014 por Rinoceronte.

ISBN:
978-84-92866-66-3
¡ISBN copiado!
Número OCLC:
900039252

Ver en OpenLibrary

Sin valoración (0 reseñas)

Un xardín. O xardín máis fermoso do mundo. Un príncipe. O neto do lendario príncipe Genji. A súa procura, os seus segredos, unha fuxida e unha persecución; unha trama na que un mosteiro abandonado, o tren da liña Keihan, as antenas de televisión, a exuberante Natureza e o saber milenario presente na marabillosa arquitectura deste mosteiro nun lugar ignoto do Xapón fúndense nun todo e conforman o ambiente inquietante desta obra na que a prosa de László Krasznahorkai flúe, vira e revira e visita os recantos da harmonía intemporal e a disharmonía humana, do símbolo e a realidade, da matemática e as forzas vivintes da Terra, da estética do Oriente e a formación dos cristais para iluminar dun xeito desacostumado e cunha intensidade desacostumada a existencia.

5 ediciones