Libro electrónico, 306 páginas
Idioma galego
Publicado el 2022 por Consello da Cultura Galega.
Libro electrónico, 306 páginas
Idioma galego
Publicado el 2022 por Consello da Cultura Galega.
Da autora Rózsa Péter na introdución do Libro «[...] Eu vou escribir matemáticas sen fórmulas para intentar chegar ás fontes afectivas que son comúns a escritores e matemáticos. Non sei se o conseguirei, porque, evitando as fórmulas, renuncio a unha ferramenta esencial das matemáticas. O escritor, como o matemático, entende que a forma está ligada ao fondo. Vai e explica a beleza dun soneto sen dicir nin palabra da súa forma! Con todo, quero probar se, aínda así, se pode salvar algo do espírito das verdadeiras matemáticas. Non podo prometer facelo todo fácil; non poderás saltar nin un capítulo, deixalo para ler máis adiante ou pasalo por riba. As matemáticas só se poden construír pedra a pedra; ningún paso é superfluo, ningunha palabra innecesaria, xa que cada parte está construída sobre a anterior, aínda que non resulte tan obvio neste libro como noutros máis sistemáticos. Debes levar a cabo as …
Da autora Rózsa Péter na introdución do Libro «[...] Eu vou escribir matemáticas sen fórmulas para intentar chegar ás fontes afectivas que son comúns a escritores e matemáticos. Non sei se o conseguirei, porque, evitando as fórmulas, renuncio a unha ferramenta esencial das matemáticas. O escritor, como o matemático, entende que a forma está ligada ao fondo. Vai e explica a beleza dun soneto sen dicir nin palabra da súa forma! Con todo, quero probar se, aínda así, se pode salvar algo do espírito das verdadeiras matemáticas. Non podo prometer facelo todo fácil; non poderás saltar nin un capítulo, deixalo para ler máis adiante ou pasalo por riba. As matemáticas só se poden construír pedra a pedra; ningún paso é superfluo, ningunha palabra innecesaria, xa que cada parte está construída sobre a anterior, aínda que non resulte tan obvio neste libro como noutros máis sistemáticos. Debes levar a cabo as poucas instrucións que che darei, mirar atentamente as figuras, tratar de facer os debuxos ou os cálculos simples cando cho pida. A cambio, prométoche que non te vas aburrir».
https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2022_Xogando-co-infinito.pdf
.https://consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_2022_Xogando-co-infinito.pdf
.