210 páginas
Idioma Galician
Publicado por Boadicea.
210 páginas
Idioma Galician
Publicado por Boadicea.
No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton. Nos retorcidos xogos de diplomáticos disidentes, revolucionarios exiliados e artistas de vangarda, Parsons acha unha esperanza. Mais o que involuntariamente libera é o poder dos soños e os pesadelos, mudando a guerra e o mundo para sempre.
Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena Paris, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida -e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito.
China Miéville (Londres, 1972) é un dos autores máis afamados da fantasía actual debido á súa capacidade para redefinir os límites do xénero …
No caos da Marsella en guerra, o enxeñeiro e ocultista estadounidense Jack Parsons atopa un grupo clandestino antinazi, do que fai parte o teórico surrealista André Breton. Nos retorcidos xogos de diplomáticos disidentes, revolucionarios exiliados e artistas de vangarda, Parsons acha unha esperanza. Mais o que involuntariamente libera é o poder dos soños e os pesadelos, mudando a guerra e o mundo para sempre.
Thibaut, un solitario loitador surrealista, camiña por unha nova e alucinóxena Paris, onde os nazis e a Resistencia están atrapados nun conflito sen fin e nas rúas asexan imaxes e textos que cobraron vida -e tamén forzas do Inferno. Para fuxir da cidade, Thibaut debe unirse a Sam, unha fotógrafa estadounidense, e faceren causa común cunha poderosa e enigmática figura: o cadáver exquisito.
China Miéville (Londres, 1972) é un dos autores máis afamados da fantasía actual debido á súa capacidade para redefinir os límites do xénero e afondar no new weird, que borra a difusa liña entre a fantasía e a ciencia ficción, entre a cultura pop e a arte culta. A súa traxectoria foi recoñecida con prestixiosos premios como o Hugo e o World Fantasy Award ou o Arthur C. Clark que recibiu até en tres ocasións.