Perfil de usuario

ghose 📚

ghose@lectura.social

Unido hace 1 año

aka @ghose

Tradutor da interface web de bookwyrm ao #galego. Avatar: Enchanted pages, by David Revoy (fragment, CC-By 4.0)

formerly known as ghose at bookrastinating dot com, moved here.

Keyoxide🔒

Este enlace se abre en una ventana emergente

Los libros de ghose 📚

Para leer (Ver los 51)

Leyendo actualmente

Objetivo de Lectura de 2026

¡83% terminado! ghose 📚 ha leído 10 de 12 libros.

reseñó Baila, baila, baila de Haruki Murakami

Haruki Murakami, Gabriel Álvarez Martínez: Baila, baila, baila (Paperback, 2013, Maxi-Tusquets)

Tira do fío, sigue a intuición.

Aaah! que ben! Moi fan deste home. Ata hoxe, todo o que lin del paréceme marabilla.

Certo que levoume un mes ler as primeiras 100 páxinas, pero non é culpa del, a historia hai que mastigala e asentala. Comeza ao xeito en que escribe Murakami, que parece que non pasa nada, que todo é trivial. Non hai esas florituras, eses trucos efectistas que te fan seguir lendo. Aquí hai un fío (pun intended) que o conecta todo e acompañamos ao protagonista a darlle sentido ao sarillo do que forma parte.

Complícase a cousa porque, tamén recurrente nel, por veces temos os pés na realidade e outras na fantasía. Na vixia ou nos pesadelos?

A historia diría que é o de menos. Os protagonistas falan de como se sinten, da necesidade dalgún tipo de amor (cariño, afecto, confianza, apoio,… a forma de amor que elixas) e as …

Haruki Murakami, Gabriel Álvarez Martínez: Baila, baila, baila (Paperback, 2013, Maxi-Tusquets)

tanto tempo e non vou nin pola metade, e non é que non me estea resultando interesante, ao xeito en que escribe este home, contándoche as cousas como se non pasase nada e cando en realidade está pasando todo. Emporiso, o protagonista desconcértame un pouco, creo que non está tanto en paz consigo mesmo como quere aparentar. Non leo máis a miúdo porque non me da a cabeza.

Castelao: Un ollo de vidro (Galego language, 1964, Galaxia)

[Castelao] considerábao [ao discurso humorista] como [...] a proba da altura intelectual do pobo galego, manifestados ambos no rol decisivo que o humor xogara na xénese dos Cancioneiros medievais.

Un ollo de vidro por 

A la Atención de Ione Belarra:

Fixen trampa ao citar, pois omito a referencia á recuperación, é dicir, existe a perda de algo que era propio e hai que recuperar. Ben Ione, ben.

Nas notas adxuntas á obra.

Marilar Aleixandre: Lobos nas illas (Paperback, galego language, Editorial Galaxia)

Pode lerse como unha novela, pode lerse como relatos encadeados sobre a memoria, os segredos …

Para o meu gusto, e na miña opinión, é marabilla

tamén triggering, debo dicir, pero en plan ben.

Son pequenos relatos, algúns como soños, outros crus e arrincados á realidade, todos ben fiados arredor dun suceso cotiá.

Benjamín Labatut: MANIAC (Español language, 2023, Anagrama)

Un inquietante tríptico sobre los sueños del siglo XX y las pesadillas del siglo XXI, …

copio/pego desde o blog

orixe da recensión: xmgz.eu

A partir de biografías, citas atribuídas e documentación histórica, o autor tece un relato cos personaxes que na primeira metade do século XX estableceron as bases teóricas das matemáticas e a física (de partículas) que propiciaron os avances tecnolóxicos da segunda metade do século.

O relato susténtase nos testemuños narrados en primeira persoa (excepto o protagonista principal), como se estivesemos vendo un documental onde os protagonistas contan a cámara a súa versión, sen ter un narrador que nos guíe. Falan dun xeito directo e cru, case como se sentisen alivio por poder falar finalmente, como sendo conscientes que todos os pecados prescribiron.

Uns falan dos outros e sobre si mesmos fiando unha historia de influencias positivas, que alimentan o talento de outras persoas co seu propio, e tamén negativas, con relacións tóxicas, de dominación, de abuso, traicións, etc. Así, a figura central da …